domingo, 25 de noviembre de 2012

O AMOR... (taller de poesía con Lucía Novas)



O amor ole coma as galletas de canela
O amor soa ó bater das ondas do mar nunha noite de verán
O amor é delicado coma os pétalos das flores e esponxoso coma o biscoito.
O amor é doce coma as gominotas e saboroso coma o chocolate desfacéndose na boca
Carla Rey Suárez

Amor, amor…
Ole a pan recén feito
No queimar da madeira

Amor, amor…
Óese ao lonxe, como un eco,
Nun regato que quere abrirse paso.

Amor, amor…
Seu tácto é estremecedor
Recolle o corazón
E méceo con paixón.

Amor, amor…
Ten un grato sabor
Doce e consolador
Con el sácase as penas e a dor

Irene González Ferreiro

O amor cheira a rosas
Recén nacidas na primavera.

O son do amor
É como un murmullo apaixonado
Que che di o teu amado.

O tacto do amor
É tan, tan suave,
Que mesmo parece
O dunha flor.

O sabor do amor
É como o dunha piruleta
Entregada,
De forma apaixoada.

Cristina Gómez Gómez

O amor cheira coma un campo de herba cuxo olor vai voando ata chegar aos pulmóns.
O son do amor relaxa, é coma unha noite de chuvia ou as ondas do mar.
Tocar o amor sería coma tocar algodón, un tacto suave á vez que lixeiro.
O amor sabe coma unha tira de chocolate doce se che corresponde, ou coma beber un vaso de ácido vinagre se non che corresponde.
Lidia Martínez

O amor desprende un olor a rosas, e todas esas flores fermosas.
Eses pequenos paxariños, que pían nas tardiñas do verán soan a amor.
Tocar o amor é coma sentirte no aire tocando un anaquiño de ceo, ou estar mergullado nun mar de auga doce, ou cando te deitas na area, sentindo os raios do sol na fronte.
Sabe a eses doces, que ó principio te enriquecen e ó chegar un certo tempo acaban amargando.
Fátima Albariño

O amor á coma unha rosa moi delicada.
O amor é coma unha bonita melodía que non deixa de soar.
O amor é coma unha tea de veludo.
O amor é coma un bombón.
O amor é coma unha pomba que voa polo ceo.
Lis Vallori Cerqueira

O olor do amor é como o das rosas, o da chuvia ó caer nun día de verán.
O son do amor é algo que non te esperas, como a música que máis che gusta.
O tacto do amor dáche desprevenido, cando ti menos o esperas.
O sabor do amor é un sabor marabilloso, coma o azucre das gominotas e os caramelos.
Miguel Novoa Cuiñas

O olor do amor é como a vainilla.
Soa como as ondas rompendo na praia.
Ten un tacto suave coma a seda e sabe a bicos de gominota.
Tania Bugallo

O olor do amor é como o olor dun campo de lavanda.
O son do amor é o son do mar nunha tarde de outono.
O tacto do amor é suave como as nubes de algodón.
O sabor do amor é doce como o sabor do chocolate.
María Alonso Laredo

O olor do amor é como o olor do chocolate.
O son do amor é como o son que fai o mar cando está tranquilo.
O tacto do amor é como tocar veludo e un peluche.
O sabor do amor é como comer unha comida que che gusta, unha sobremesa.
Ana Muñoz Vilariño
O amor é o recendo da vida, cheira a rosas, a menta
E as cousas da natureza, á chuvia sobre a terra ou ao efecto do sol sobre as plantas.
O son do amor é como o canto do ruiseñor, coma o cantar do vento nas follas das árbores.
O tacto do amor é como tocar unha nube no ceo, suave, branda e delicada, algo que hai que coidar.
O sabor do amor é como un limón, condimenta a túa vida pero, cando non é correspondido, son coma pingas do seu zume amargo no corazón.
Nuria Bouzas Antas

O amor cheira a unha rosa,
Unha rosa moi encarnada
Unha rosa libre
Unha rosa destinada.

O asubío dos paxaros,
A voz do vento,
O bruar das ondas,
É o meu sentimento,
Ti es a miña musa,
A miña inspiración
A raíña que reina
O meu corazón.

O que ama e é amado
Síntese apreciado
O que ama e non é querido
Sinte en sí un alarido.

O tacto do odio
É unha desesperación,
Unha ferida que lastima
O fondo do teu corazón.

O tacto do amor
É unha alegría sen fin de expresión
Un bico na meixela
É un sentimento dende o corazón.

Nicólás Fernández Sobral

O olor do amor é como o arrecendo á herba recén cortada, como o café recén feito.
O son do amor é como o pío dos pequenos paxaros pola mañá cedo, o son inquedo dos gritos no verán.
O tacto do amor é como a auga mariña que encontras cando te bañas.
O sabor do amor é como os doces, como o chocolate, a vainilla, os xeados.
Ángela Fernández Sobral

O amor cheira a esperanza
Cheira a unha flor inventada.
A unha flor de moitas cores
De cores que semellan alegría.

O amor soa ao teu riso
Soa ás cancións que cantas pola mañá,
Á mellor melodía que poida existir
A unha melodía que te leva ata as nubes.

Co amor sentes cousas fermosas
Sentes que soltan dentro de ti unha caixa
Unha caixa que ten dentro bolboretas de mil cores
De mil cores que significan amor.

O amor sabe a un sabor novo
Un sabor oculto, diferente para cada persoa
Hai que buscalo, hai que atopalo
O seu sabor, ten o teu encanto.

Anónimo

O amor cheira a flores da ribeira,
a fíos de fiandeira,
á choiva da primavera.
O amor cheira ao rocío sobre a leira.

O amor coa coma a tronada
Cando non se sinte nada,
O amor soa coma o asubío dos paxaros
Cando se está namorado.


O tacto do amor séntese cando tocas as suaves ondas do mar ou as nubes brancas no ceo azul.

O amor é amargo cando non é correspondido e é doce coma o azucre cando se sinte de verdade.
Anónimo

2 comentarios:

Pedro dijo...

La poesía que más me gusta, si se puede elegir una entra tantas, y tan buenas, es la de Ángela, por las comparaciones que hace con cosas que todos conocemos y nos hacen sentir tan bien, tales como el aroma de un café o el olor de la hierba recién cortada. Así que enhorabuena a Ángela y a todos los demás por sus fabulosas poesías.

Pedro dijo...

La poesía que más me gusta es la de Ángela, por las comparaciones que hace con el aroma de un café y el olor a hierba recién cortada, porque a pesar de que son cosas habituales, nos producen muchos sentimientos.