martes, 13 de enero de 2015

Despois do descanso que supuxo o Nadal -aínda que os nosos lectores non deixaron de gozar da compaña dun bo libro-, agora recomezamos as nosas conversas semanais con dúas lecturas que de seguro serán do agrado de todos nós. Por un lado, a profesora Luisa compartirá impresións coa lectura dun libriño escrito en lingua inglesa (The tomorrow mirror); e por outro, Rosa intentará reflexionar cos rapaces a partir da lectura dunha peza teatral que raia entre a intriga e a moralidade. Trátase de La visita del inspector, de J.B. Priestley.


No hay comentarios: