lunes, 9 de febrero de 2015

O club de adultos da comezo con esta obra de Manuel Portas

Segundo Gonzalo Salgueiro, esta non é unha novela, ou alomenos non unha novela ó uso. Os personaxes pululan anónimos polas páxinas deste artefacto  narrativo coa mesma naturalidade coa que transitan polas rúas de Compostela, coincidindo á espera de que se abra o semáforo da Senra, tomando café no Airas Nunes, sen rozárense, sen se coñeceren case, como moito intercambiando unha distraída ollada impersoal. Gonzalo certamente ten razón. Mais non toda.
¿Qué opinades vos, prezados lectores e lectoras?
Mentras gozades coa lectura desta obra, podedes escoitar unhas pezas de Loaira, no CD que acompaña ó libro.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

O autor do libro, inventa un personaxe, Gonzalo, que é o que coas personas que van con él no autobús cara ó aeroporto vai inventando unha historia con cada un deles. Historias sen rematar, que no momento mais interesante do conto déixante un pouco perdido ata que lle colles o fío á seguinte. Ó final, e de novo no aeroporto, tenta enlazar de novo tódolos personaxes e relacionar a Gonzalo e non sei ben qué, co "dedo manchado de tinta". Non lle atopei moito sentido ó final. En xeral, foi un libro doado de ler pero non me gustou demasiado. En cada historia, cando estabas enganchado con ela cortaba e comezaba outra. E o final non me gustou porque non lle atopo sentido. En todo caso hai que recoñecer que un xeito diferente de escribir. Inventar un personaxe que vai inventando historias para logo tentar enlazalas.

Mónica dijo...

O autor fai dun personaxe, Gonzalo, o que inventa tódalas historias a partires da xente que vai viaxando con él no autobús cara ó aeroporto. Historias que se interrumpen para dar paso a outra nova. Ó final tenta enlazar de novo no aeroporto a tódolos personaxes e a Gonzalo co "dedo manchado de tinta". Eu non lle atopei moito sentido. Algunhas historias sí que me engancharon, pero no mellor se cortaban. Bueno, a verdade non foi un libro que me gustara moito, ainda que recoñezo que é diferente.

Ana dijo...

Varias historias que aínda que parecen que non, teñen relación, están entrelazadas de algunha maneira e nas que sempre se vai na procura da verdade.Son historias da nosa vida cotiá,calquera de eles podemos ser nós,ata Chus,aínda que ó final o autor decide matala excusándose no dedo que tiña manchado de tinta.
Persoalmente gustoume moito.Quen algunha vez cando se atopa nun sitio rodeado de moita xente(na consulta dun hospital,no aeroporto ou sobre todo no metro dunha gran cidade)non observa a xente e se fai unha idea de como serán eles ou a súas vidas?
"Un dedo manchado de tinta" é eso, unha pegada que quere deixar en nós, en cada un dos lectores.

Rosa dijo...

A min este libro sorprendeume bastante, no tocante á técnica narrativa, en relación co contido do mesmo. Ante a súa cuestionable inclusión no xénero novelístico, considero rotundamente que estamos ante unha novela, xa que existe unha unión en tódalas historias, aínda que ese vínculo sexa case imperceptible, reforzándose ó final da mesma. Eso sí, trátase dunha novela experimental en toda regra. Gustoume moito o xeito de mezclar os tempos, o cal exixe dun lector activo, tentando recompoñer o que a todas luces se converte nun quebracabezas que hai que ir descifrando páxina a páxina. Polo demáis, a súa prosa é bastante doada.
Respecto ás historias, teño que recoñecer que unhas me engancharon máis que outras. Por exemplo, a historia do expediente, a que está ambientada no cárcere, foi a que menos gratificante me resultou.
E como di Ana, o autor tentou tratar varios temas cotiás e de importancia: o da emigración máis a inmigración,as revoltas sindicais, a acusación por abusos sexuais ou a corrupción. A historia de Chus resultou máis peliculeira e menos crible, pero iso quizáis foi o que a fixo máis atractiva para o lector, ou alomenos para min.
Respecto ó título, durante a lectura estiven pendente de xustificalo, pensando que tiña relación coa implicación máis ou menos xudicial ou burocrático-administrativa da galería de personaxes que ían circulando polo libro, mais ó final resultou que ese "dedo manchado de tinta" simplemente era un vínculo entre a realidade do escritor e a ficción dos personaxes.
En definitiva, recomendo este libro a todos aqueles que queiran ler algo distinto.

María dijo...

A min o que me pareceu mais sorprendente foi o xogo realidade-ficción que se trae o tal Gonzalo Salgueiro, as veces escritor da novela as veces personaxe, e outras el mesmo dubida da súa propia existencia:
"...realmente está alí, no aeroporto?"
En canto ao título, caben moitas interpretacións. A min a tinta lémbrame ao escritor como creador. No caso de Gonzalo, o dedo manchado fai que teña que ir ao baño a lavarse e que os acontecimentos se precipiten fora do seu control.A súa novela váiselle das mans.É curioso que xusto cando se está a lavar as mans, a modo de Pilatos, ou coma un asasino lavando o sangue da súa victima, sonen os disparos que matan a Chus. Así, cando sae do baño os outros personaxes miran para el con ollos acusadores. El síntese coma un asasino tamén e, a modo de disculpa, dice o narrador: "E el polo de agora só insinuara a posibilidade do perigo, a pinta sospeitosa daquel home, medio agochado entre columnas, mais en ningún momento determinou a morte de Chus"