jueves, 5 de octubre de 2017

Roma en Galego, si!!

Todos os xoves nos recreos, o grupo de 2ºESO, animados pola profesora Patricia, mergullarase ao longo deste mes nos turbulentos e apaixonantes anos do Imperio Romano baixo o mandato do Emperador Nerón. 

Descubrirán e comentarán a historia de Marcia, relatados no seus tres diarios. Os seus momentos de alegría, de inocencia pero tamén de dor que xorden na súa vida e se confrontan.

Descubrirá a amizade, a xenerosidade, a forza da fe e por fin, ó amor da súa vida. Tamén experimentará a traizón e o odio ata chegar ao .....veremos!  

Emocións e sentimentos que perduran no tempo, ou non? Todos somos ou coñecemos a unha Marcia porque nada é eterno, agás a palabra. Esa nos une e nos achega no tempo. Sempre.

1 comentario:

Judith e Ángela dijo...

"A escura luz do Tíber" é un libro moi interesante para comprender a vida das adolescentes na antiga Roma.Non imos desvelar o final, pero todo o mundo sabe o que ocorreu no verán do 64 d.C. na capital do Imperio.