lunes, 23 de octubre de 2017

"A min o que máis me gustou do libro é María porque é igual que a mestra Lourdes. Vive na biblioteca porque senon os libros ao mellor vanse. Ou morren. E que é bibliotecaria. Ou sexa, coma Mary Poppins pero sen ás"

24 de Outubro. Día da Biblioteca. 
http://rbgalicia.xunta.gal/gl/actualidade/avisos/dia-da-biblioteca-2017 

Con esta inocencia describiu un neno ás bibliotecarias nun encontro co escritor Alejandro Palomas que recolle no pregón para o Día da Biblioteca 2017 as súas verbas.
Como cada ano desde 1997 a Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conmemoran o Día da Biblioteca en recordo á destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendidada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns.
Este ano os elixidos para a redacción do pregón e o deseño do cartel foron o escritor catalán Alejando Palomas (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil)  e o madrileño Manuel Marsol (Premio Internacional de Ilustración Feira de Boloña-Fundación SM).
O acto central de conmemoración terá lugar o próximo día 24 de outubro en Talavera de la Reina (Toledo). Ademais, na Rede de Bibliotecas de Galicia son moitas as actividades que se organizan para celebrar este día. Lembrade que podedes estar informados das diferentes actividades e actos consultando a Axenda Cultural de Galicia.
Feliz día da Bibioteca a todas e todos!



No hay comentarios: