☀️📚 RECEITA PARA UN BO VERÁN
Ingredientes:
- 1 libro, manga, banda deseñada ou revista (ou varios).
- Un recuncho agradable: praia, piscina, aldea, sofá, hamaca ou sombra de figueira.
- Un pouco de curiosidade.
- Tempo ao gusto.
Preparación:
- Consiga un libro. Pódese comprar, pedir prestado, herdar, intercambiar ou rescatar dunha biblioteca pública.
- Busque un lugar cómodo.
- Abra o libro pola primeira páxina.
- Continúe ata esquecer a hora, o móbil e, se a lectura é boa, incluso o calor.
Consello do chef:
As bibliotecas públicas permanecerán abertas todo o verán, cheas de historias desexando saír de paseo.
Advertencia importante:
Se alguén afirma que non ten nada para ler, revise a información. A súa fiabilidade é comparable á de quen asegura que en Galicia non chove ou que na praia non hai area. 😏
Presentación final:
Servir acompañado de xeados, viaxes, tardes longas e moitas aventuras.
Bo verán e, sobre todo, boas lecturas! 🌞📖💙

No hay comentarios:
Publicar un comentario