miércoles, 8 de mayo de 2024

16 de 24

 Non está mal.

A máxima acertante da quiniela lectora foi LSF da clase de 4ºA, que identificou a un total de 16 adultos do noso centro.

E todos resultamos gañadores, pois descubrir que algúns profes tiñan pelo cando eran pequenos, ou que outros naceron sen barba, non ten prezo. Aprendemos que aproveitar as sandalias dos catro veráns anteriores é ter conciencia ecoloxista. E comprobamos que se pode levar un sombreiro con elegancia sen ter nacido en París.


A gañadora pode pasar pola secretaría a recoller o seu premio. 

Noraboa!!!

viernes, 3 de mayo de 2024

Vai por Nélida


Unha ducia de valentes estrelas foron á Cidade da Cultura facer unha lectura en portugués da Republica dos sonhos de Nélida Piñón. Pois hoxe, a nosa Nélida tería cumprido os 85 anos.

Contamos cunha preparación previa no centro e un repaso en Santiago. Pois, ler en portugués non é tan sinxelo como parece.

A devantida lectura foi retransmitida en directo pola internet a dúas mans. Bueno, a dúas voces, pódese dicir: Santiago de Compostela-Río de Janeiro.


Leitura continuada A republica dos sonhos

lunes, 29 de abril de 2024

Éxito

Como non podía ser de outro xeito, a organización da II Feira de Libros rematou a mañá co peito hinchado. Para os que non entenden o galego, querse dicir que están satisfeitos e orgullosos co resultado.


Para mostra...






jueves, 25 de abril de 2024

Tarde de martes con Elisabet

 Hai mellor maneira de celebrar o Día do Libro que creando un espazo que convide a ler e soñar?

As pequenas estrelas do Club pasaron a tarde elaborando a decoración do recuncho de lectura mediante a técnica de zentangle. Para orientalos, contamos coa presenza de Elisabet Hillerud, que cambiou o frío de Suecia polo fresquiño de Galicia.

Se che pica a curiosidade, a biblioteca sempre ten a porta aberta.







viernes, 19 de abril de 2024

II Feira de Libros

 Tras o éxito da pasada edición, o Centro decidiu repetir. 

CALMA!!!

Repetir pode ser algo bo. E neste caso, éo.

Quedades todos convidados a traer da casa aqueles libros que xa non vos interese conservar. Por cada libro entregarásevos un vale. A data límite de entrega será o venres 26 de abril. O equipo de biblioteca ocuparase da recepción.

O vindeiro luns terá lugar a II Feira de Libros na metade da mañá. Alí poderedes cambiar os vales polos libros que vos intere levar.


ANIMÁDEVOS!!!

viernes, 12 de abril de 2024

Visita á Comic-Com de Moaña

Unha ducia de alumnos/as do grupo de manga do noso centro pasaron unha animada mañá de venres.

O reloxo deu ás 09:15h. A rapazada fixo a foto de rigor. Subiron ao minibus á velocidade do raio. Chegaron puntuais a Moaña. E foron dereitiños a participar nas actividades: introdución ao idioma e a cultura xaponesas a cargo da EOI de Vigo, xogos de trivial e xincanas, concursos de cosplay, debuxo e demostración do xogo de miniaturas de Moto GP... Un monte de cousas. E, por suposto, a visita aos postos de libraría de banda deseñada e manga; ademais dos postos de alimentación e outros relacionados co mundo xaponés. 

Mirade que caras de felicidade:

 




 

miércoles, 3 de abril de 2024

Quen é quen?

 Quen é quen?

 

Serías capaz de recoñecer aos adultos do IES de Cotobade contemplando unha foto da súa infancia?

Ímolo poñer un chisco máis doado: un par de libros que lles gustaban cando eran pequenos (iso foi antes de que se inventasen os teléfonos móbiles) e un libro que leron hai pouco.


Colle un impreso e un bolígrafo. Paséate polo corredor do primeiro andar. Observa a galería de fotos e datos e asigna identidades.

Cando teñas a quiniela completa, deposítaa na caixa azul que estará na entrada da sala de profesores.


O máximo acertante levará un premio.

Consello: non te fíes das aparencias.