lunes, 29 de abril de 2024

Éxito

Como non podía ser de outro xeito, a organización da II Feira de Libros rematou a mañá co peito hinchado. Para os que non entenden o galego, querse dicir que están satisfeitos e orgullosos co resultado.


Para mostra...






jueves, 25 de abril de 2024

Tarde de martes con Elisabet

 Hai mellor maneira de celebrar o Día do Libro que creando un espazo que convide a ler e soñar?

As pequenas estrelas do Club pasaron a tarde elaborando a decoración do recuncho de lectura mediante a técnica de zentangle. Para orientalos, contamos coa presenza de Elisabet Hillerud, que cambiou o frío de Suecia polo fresquiño de Galicia.

Se che pica a curiosidade, a biblioteca sempre ten a porta aberta.







viernes, 19 de abril de 2024

II Feira de Libros

 Tras o éxito da pasada edición, o Centro decidiu repetir. 

CALMA!!!

Repetir pode ser algo bo. E neste caso, éo.

Quedades todos convidados a traer da casa aqueles libros que xa non vos interese conservar. Por cada libro entregarásevos un vale. A data límite de entrega será o venres 26 de abril. O equipo de biblioteca ocuparase da recepción.

O vindeiro luns terá lugar a II Feira de Libros na metade da mañá. Alí poderedes cambiar os vales polos libros que vos intere levar.


ANIMÁDEVOS!!!

viernes, 12 de abril de 2024

Visita á Comic-Com de Moaña

Unha ducia de alumnos/as do grupo de manga do noso centro pasaron unha animada mañá de venres.

O reloxo deu ás 09:15h. A rapazada fixo a foto de rigor. Subiron ao minibus á velocidade do raio. Chegaron puntuais a Moaña. E foron dereitiños a participar nas actividades: introdución ao idioma e a cultura xaponesas a cargo da EOI de Vigo, xogos de trivial e xincanas, concursos de cosplay, debuxo e demostración do xogo de miniaturas de Moto GP... Un monte de cousas. E, por suposto, a visita aos postos de libraría de banda deseñada e manga; ademais dos postos de alimentación e outros relacionados co mundo xaponés. 

Mirade que caras de felicidade:

 




 

miércoles, 3 de abril de 2024

Quen é quen?

 Quen é quen?

 

Serías capaz de recoñecer aos adultos do IES de Cotobade contemplando unha foto da súa infancia?

Ímolo poñer un chisco máis doado: un par de libros que lles gustaban cando eran pequenos (iso foi antes de que se inventasen os teléfonos móbiles) e un libro que leron hai pouco.


Colle un impreso e un bolígrafo. Paséate polo corredor do primeiro andar. Observa a galería de fotos e datos e asigna identidades.

Cando teñas a quiniela completa, deposítaa na caixa azul que estará na entrada da sala de profesores.


O máximo acertante levará un premio.

Consello: non te fíes das aparencias.