martes, 14 de febrero de 2012

E O GAÑADOR É....

Xa temos gañadores para este primeiro certame dos SMS DOS NAMORADOS!
1º premio: Álvaro Búa Fontán (2ºA), agasallado cun lápiz de memoria de 16 Gb.
2º premio: Noelia Domatos (2ºA), agasallada cun lápiz de memoria de 8 Gb.
3º premio: Carla Rey Suárez (3ºA), agasallada cun lápiz de memoria de 4 Gb.
3º premio: Alexandra Leboso Francisco (1ºB), agasallada cun lápiz de memoria de 4 Gb.


A tódolos demáis participantes, esperamos que vos deleitedes coa brocheta de gominolas.


Moitas gracias a todos por participar!


Esperámosvos na vindeira cita, para o Día do Libro.

SAN VALENTÍN

Chegou o gran día! Hoxe no recreo saberemos quen son os gañadores do concurso de San Valentín! Achégate á entrada do instituto e saberás se es ti un dos afortunados. Ademáis, lembra que só por participar levarás un delicioso agasallo. Esperámoste!

domingo, 5 de febrero de 2012

CONCURSO SMS SAN VALENTÍN

No día dos Namorados imos celebrar un concurso creativo-literario. Para participar tan só basta cunha mensaxe de amor en formato sms do máis orixinal.
Anímate a participar. Os tres sms máis creativos levarán un sorprendente agasallo. Ademáis tódolos participantes contarán tamén cun pequeno e sabroso agasallo. biqñs p t2!!
Bótalle un vistazo ó diccionario galego de sms que podes atopar no blog de normalización lingüística do IES de Cotobade.

Presenta o teu traballo na secretaría antes do 7 de febreiro.