miércoles, 17 de septiembre de 2014

Un ano máis as estrelas seguimos a nosa andaina polo universo da lectura na boa compaña.
De momento catro rapaces máis se animan a asistir ó club, e ademáis contamos coa inestimable participación de estrelas xa veteranas.

En primeiro da ESO: Jaiza, Samia e Nuria González

En segundo da ESO: Nuria González, Lis Vallori, Iria García Porto, Leila, Nuria 
Bugallo, Gabriela Cores e Adrián Esperón


En terceiro da ESO: Sara Caballero, Nicolás, Patricia, Rut, Ángela, Ana Muñoz, María Paz, Alba Tajes e Alba Ramos.

Agardamos que as lecturas e os momentos compartidos sigan sendo do voso agrado.

Este ano como novidade especial imos contar coa participación de profesores de distintas materias (ciencias, francés, matemáticas, música, inglés, castelán, sociais e orientación). As lecturas realizaranse nas catro linguas que se estudian no centro: castelán, galego, inglés e francés.

Grupo nº 1: Os mércores reúnense os alumnos de 1º e 2º ESO.
Grupo nº 2: Os xoves reúnense os alumnos de 3º ESO.

jueves, 15 de mayo de 2014

Auvergne

Maurice Billard 
tiene el gusto de invitaros a su exposición:
"AUVERGNE,
 LA REGIÓN DE MI FAMILIA PATERNA".
Hoy en el recreo en la biblioteca.

viernes, 11 de abril de 2014

EN SEMANA SANTA, TAMÉN TOCA LECTURA...

En Semana Santa continuamos lendo. Nesta ocasión, unha novela en castelán, Zapatos de tacón; e unha antoloxía de lendas, en inglés.

miércoles, 12 de marzo de 2014

Xa temos este libro á vosa disposición na biblioteca. Está moi recomendado... ¿Atréveste a ser o primeiro en darnos a súa opinión ó respecto?
O autor viaxa pola súa costa natal na busca de resposta á pregunta que titula este libro. Polo camiño atópase con historias de espías e de naufraxios, crónicas políticas, retratos de asesinos en serie, misterios do pasado e ata fazañas bélicas. Tamén conversa con outros que, coma el, converteron a observación das aves nunha forma de vida... O resultado é unha celebración de canto nos aporta a Natureza salvaxe, e un recordatorio do moito que perdemos ó renunciar a ela.

jueves, 6 de febrero de 2014

Neste mes de febreiro, nun grupo imos ler O Curioso incidente do can á media noite, de Mark Haddon, e no outro Tristes armas, de Marina Mayoral.


Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os número primos ata 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.