O club de lectura "As estrelas do libro" créase no IES de Cotobade durante o curso 2008/9, coa intención de achegar os alumnos á lectura compartida, cunha finalidade lúdico-educativa. Imos xa polo décimo curso, inmersos no goce da lectura compartida. Cada ano hai caras novas, lectores novos ávidos por coñecer máis libros, máis historias, máis opinións sobre aspectos da vida, reflectidos en cada obra que lemos...
martes, 23 de septiembre de 2014
La ratonera
Fai uns anos gozamos xa da lectura desta magnífica obra teatral. Anos máis tarde queremos revivir a experiencia de intentar descobrir ó misterioso asasino. Ágatha Christie, unha vez máis, fainos perder a paciencia, e sobretodo devorar o libro ata dar co culpable de toda a trama. Moitos non puidestes resistirvos a ler soamente o primeiro acto, de xeito que o próximo xoves comentaremos a totalidade da obra, salvo que finalmente alguén non o dese acabado, loxicamente. Tampouco se trata de desvelar o segredo tan ben gardado.Aí vos deixo unha preguntiña para que vaiades aportando cousiñas...:
¿Quen era o voso principal sospeitoso?
Malditas matemáticas
"Alicia no país dos números" introdúcenos no universo da lóxica matemática e da paisón do novelista e matemático Lewis Carrol, da man do seu autor, Carlo Frabetti.
O grupo de 1º-2º ESO os mércores podedes formular e despexar dúbidas, comentar ideas, manifestar opinións... O profesor Iñaki acompañaravos nesta aventura a través dos números.
Gozade da lectura... e especialmente da compaña!!!
O grupo de 1º-2º ESO os mércores podedes formular e despexar dúbidas, comentar ideas, manifestar opinións... O profesor Iñaki acompañaravos nesta aventura a través dos números.
Gozade da lectura... e especialmente da compaña!!!
miércoles, 17 de septiembre de 2014
Un ano máis as estrelas seguimos a nosa andaina polo universo da lectura na boa compaña.
De momento catro rapaces máis se animan a asistir ó club, e ademáis contamos coa inestimable participación de estrelas xa veteranas.
En primeiro da ESO: Jaiza, Samia e Nuria González
En segundo da ESO: Nuria González, Lis Vallori, Iria García Porto, Leila, Nuria
Bugallo, Gabriela Cores e Adrián Esperón
De momento catro rapaces máis se animan a asistir ó club, e ademáis contamos coa inestimable participación de estrelas xa veteranas. En primeiro da ESO: Jaiza, Samia e Nuria González
En segundo da ESO: Nuria González, Lis Vallori, Iria García Porto, Leila, Nuria
Bugallo, Gabriela Cores e Adrián Esperón
En terceiro da ESO: Sara Caballero, Nicolás, Patricia, Rut, Ángela, Ana Muñoz, María Paz, Alba Tajes e Alba Ramos.
Agardamos que as lecturas e os momentos compartidos sigan sendo do voso agrado.
Este ano como novidade especial imos contar coa participación de profesores de distintas materias (ciencias, francés, matemáticas, música, inglés, castelán, sociais e orientación). As lecturas realizaranse nas catro linguas que se estudian no centro: castelán, galego, inglés e francés.
Grupo nº 1: Os mércores reúnense os alumnos de 1º e 2º ESO.
Grupo nº 2: Os xoves reúnense os alumnos de 3º ESO.
Grupo nº 1: Os mércores reúnense os alumnos de 1º e 2º ESO.
Grupo nº 2: Os xoves reúnense os alumnos de 3º ESO.
jueves, 15 de mayo de 2014
Auvergne
Maurice Billard
tiene el gusto de invitaros a su exposición:
tiene el gusto de invitaros a su exposición:
"AUVERGNE,
LA REGIÓN DE MI FAMILIA PATERNA".
viernes, 11 de abril de 2014
EN SEMANA SANTA, TAMÉN TOCA LECTURA...
miércoles, 12 de marzo de 2014
Xa temos este libro á vosa disposición na biblioteca. Está moi recomendado... ¿Atréveste a ser o primeiro en darnos a súa opinión ó respecto?
O autor viaxa pola súa costa natal na busca de resposta á pregunta que titula este libro. Polo camiño atópase con historias de espías e de naufraxios, crónicas políticas, retratos de asesinos en serie, misterios do pasado e ata fazañas bélicas. Tamén conversa con outros que, coma el, converteron a observación das aves nunha forma de vida... O resultado é unha celebración de canto nos aporta a Natureza salvaxe, e un recordatorio do moito que perdemos ó renunciar a ela.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




.jpg)

