sábado, 17 de octubre de 2015

Seguimos a voltas con Santiago Lopo. Desta vez, da man de "Peaxes"

Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso de mergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa. Os usuarios da autoestrada erixímonos en protagonistas dun relato áxil que acelera nas curvas perigosas. En Peaxes conflúen todas as Galicias existentes e as imaxinadas, demostrando que realidade e ficción comparten a miúdo o noso destino. Unha novela breve, coa que Santiago Lopo debuta no catálogo de Xerais, que fará gozar a lectores e lectoras.

jueves, 8 de octubre de 2015

Santiago Lopo bríndanos a súa ficción...

 Un profesor universitario recibe como agasallo un xogo de ordenador chamado Parallel City. Aos poucos, o xogo absórbeo e a súa vida cotiá comeza a padecer as consecuencias...

Queres saber que máis acontece? 
Pois entón non dubides en facerte cun exemplar e navegar polas súas páxinas...
Quen é Santiago Lopo?
Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos en inglés para a televisión. Actualmente é profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Desde el 2000 colabora coa revista Unión Libre, onde publicou diversos artigos e traduccións.

miércoles, 30 de septiembre de 2015

Club de lectura en francés

Para a iniciación en lingua francesa contamos cun grupiño de 1ºESO, formado por Andrea, Cristina, Aranzazu, Matías, Pedro, Berto, Mariangélica, Emma, David, Antía, Marta e Sara.
Benvidos ó club de lectura!


Ata onde chega a nosa responsabilidade nas accións dos nostros pais? Pablo é o fillo menor dunha poderosa e adiñeirada familia española. Actualmente estudia en Suiza, coñeceu a Bettina, namoráronse e a vida sonríelles. Ata que o pai de Pablo é detido e encarcelado pola súa implicación nun caso de corrupción. Será entonces cando todos os principios de Pablo se tambaleen e na súa mente aparezan miles de preguntas: ¿que é peor, un ladrón ou un asasino? ¿O meu pai é un ladrón? ¿Todo o mundo pode ser un ladrón?
 Cal che parece o mellor libro da triloxía de A. Gómez Cerdá, titulada Las redes del silencio?

Dímelo con los ojos

Con esta novela, Alfredo Gómez Cerdá téndenos unha trampa, a mesma na que caen as súas protagonistas ó pensar que a realidade é so unha, a súa. Berta e Laia acaban de cumprir dazaoito anos e teñen un proxecto: recorrer Europa en Inter-Rail. Antes, Berta ten que conseguir baixar de peso e so coñece unha forma de facelo: vomitar despois de cada comida. Laia intenta convencela de que é unha loucura, de que é a súa saúde o que está en peligo. E logo está o diñeiro: para viaxar precisan algo de diñeiro. Pero cando ambas conseguen ese traballo de monitoras nun campamento de rapaces autistas, as prioridades cambian. Alí aprenderán a mirar máis alá de elas mesmas, a ver por outros ollos.

Rain man

martes, 29 de septiembre de 2015

GÚSTACHE  LER?



Alguna vez, despois de ler un libro, tiveches ganas de falar del con alguén?
 Non te quedes coas ganas!
                            
APÚNTATE Ó CLUB DE LECTURA
Para formar parte do club, NON FAI FALTA:
·        Mercar libros (préstachos o instituto)
·        Levar gafas (aínda que podes levalas)
·        Ser rapaza (aínda que podes selo)
·        Sacar boas notas (aínda que podes sacalas)
             No club de lectura, non se fan exames nin se cubren fichas.
Só queremos pasalo ben falando dos libros que imos lendo.

APÚNTASTE?

SE QUERES APUNTARTE Ó CLUB, ACUDE Á BIBLIOTECA no recreo LUNS, MÉRCORES ou VENRES.

viernes, 19 de junio de 2015

Hoxe no festival de fin de curso tivemos un agasallo moi especial. A visita de exalumnos e exalumnas, entre os que destacamos a presencia de Nuria Bouzas Antas, autora dun relato corto que gañou o primeiro premio do concurso nacional  de contos José Manuel Álvarez Gil. 

Nicolás Fernández Sobral levou a cabo unha enriquecedora entrevista, baixo a atenta mirada de todos nós, a Nuria,que durante catro anos nos acompañou nas andainas das estrelas do libro e que agora queremos amosarlle a nosa admiración polo premio acadado. Foi unha gozada poder ser partícipes deste momento tan especial...

Moitas gracias, Nuria, e esperamos que no vindeiro curso poidamos conversar contigo un pouco máis coa lectura do teu relato.