viernes, 2 de diciembre de 2022

 E agora que?

Atreverémonos a ler contos de terror en inglés coa nosa language assistant Thea? 

Mr Poe, alá imos!


Correremos con Genet en Etiopía?    

Alguén sabe que foi de Ponyboy? 

 

Para atopar respostas a estas e outras preguntas, pásate pola biblioteca. Ou, como diría o Xabarín: faite do clube, socio!

 

miércoles, 23 de noviembre de 2022

 Querido diario,

...E despois de un tempo razonable, algunhas das nosas estrelas máis veteranas deron por rematada a elaboración do diario do club, onde as estrelas irán comentando as súas impresións sobre os libros lidos, engadindo fotos, aportando debuxos...


Graciñas, Leti, Nerea T., Nora, Aitor e Breixo por estares sempre aí.

viernes, 28 de octubre de 2022

Rebeldes, rebeldes non son

 Rebeldes

Non é que o alumnado de 2º da ESO sexa rebelde, senón que están enganchadísimos ao éxito de Susan Hinton (en galego).


E despois do libro, a peli? Depende.😉

miércoles, 19 de octubre de 2022

 Devoradores 

As nosas estrelas máis veteranas non puideron coa intriga. 

Despois de atoparse coa Mentira inexorablemente botáronse á Verdade.  

Haberá que ir mercando exemplares de Medo? E de Ben?

Care Santos, fixéchela Boa!


ADVERTENCIA: O consumo de libros pode provocar adicción, causando o  abandono de Tik Tok, Instagram, Snapchat, e outras polo estilo.

miércoles, 28 de septiembre de 2022

Revelarse ou rebelarse?

Hoxe uníronse ao club novas estrelas de 2º da ESO e escolleron un título que lles acae.

 

 

Flotan no aire algunhas preguntas:

Pode alguén realmente chamarse Ponyboy? E ler con catorce anos un libro de mil páxinas? E fuxir da casa sen chupa?

 

miércoles, 21 de septiembre de 2022

Estamos de volta!!!

 
As estrelas do libro vólvense reunir para descubrir outros lugares, novos personaxes e vivir unha morea de aventuras.
 
Os máis novos comezan escachando coa risa da man de Manuel Núñez Singala.
 
 
 
E os máis veteranos tratarán de controlar a tensión xerada por Care Santos.
 
Pásate pola biblioteca. Agardamos por ti.

lunes, 22 de junio de 2020

Hora de recollerse


Estamos acostumados ás historias en tres actos: presentación, nó e desenlace. Mais, desta vez, alguén baixou o telón a destempo. E, dalgún xeito, quedamos coa man estendida coma o neno que agarda que lle dean lambonadas porque é o seguinte na fila. Pero, non. 


Así, pois, coa debida distancia, o Club de Lectura despídese virtualmente ata setembro das súas pequenas estrelas, agardando volver velas orbitar arredor dalgún libro decontado. 

E, en canto ás nosas estrelas máis veteranas -Erika, Judith, Andrea e Ángela-, que hoxe deixades esta galaxia, só nos queda desexarvos boa viaxe e que a lectura vos acompañe!