viernes, 19 de abril de 2024

II Feira de Libros

 Tras o éxito da pasada edición, o Centro decidiu repetir. 

CALMA!!!

Repetir pode ser algo bo. E neste caso, éo.

Quedades todos convidados a traer da casa aqueles libros que xa non vos interese conservar. Por cada libro entregarásevos un vale. A data límite de entrega será o venres 26 de abril. O equipo de biblioteca ocuparase da recepción.

O vindeiro luns terá lugar a II Feira de Libros na metade da mañá. Alí poderedes cambiar os vales polos libros que vos intere levar.


ANIMÁDEVOS!!!

viernes, 12 de abril de 2024

Visita á Comic-Com de Moaña

Unha ducia de alumnos/as do grupo de manga do noso centro pasaron unha animada mañá de venres.

O reloxo deu ás 09:15h. A rapazada fixo a foto de rigor. Subiron ao minibus á velocidade do raio. Chegaron puntuais a Moaña. E foron dereitiños a participar nas actividades: introdución ao idioma e a cultura xaponesas a cargo da EOI de Vigo, xogos de trivial e xincanas, concursos de cosplay, debuxo e demostración do xogo de miniaturas de Moto GP... Un monte de cousas. E, por suposto, a visita aos postos de libraría de banda deseñada e manga; ademais dos postos de alimentación e outros relacionados co mundo xaponés. 

Mirade que caras de felicidade:

 




 

miércoles, 3 de abril de 2024

Quen é quen?

 Quen é quen?

 

Serías capaz de recoñecer aos adultos do IES de Cotobade contemplando unha foto da súa infancia?

Ímolo poñer un chisco máis doado: un par de libros que lles gustaban cando eran pequenos (iso foi antes de que se inventasen os teléfonos móbiles) e un libro que leron hai pouco.

 


 

Colle un impreso e un bolígrafo. Paséate polo corredor do primeiro andar. Observa a galería de fotos e datos e asigna identidades.

Cando teñas a quiniela completa, deposítaa na caixa azul que estará na entrada da sala de profesores.



O máximo acertante levará un premio.

Consello: non te fíes das aparencias.


 

viernes, 15 de diciembre de 2023

O Nadal é un tempo para estar ben acompañado

Pásate pola biblioteca e escolle disfrutar do pracer da lectura durante as vacacións.

O equipo de biblioteca estará encantado de asesorarte.
 

viernes, 20 de octubre de 2023

miércoles, 14 de junio de 2023

Que non che falte de ler

Enrédate coa lectura

 

Xente nova do IES de Cotobade,  lembrade que a Biblioteca está ao voso dispor para fornecervos do necesario para pasar un verán de libro.

 Como reza o proverbio hindú: 

Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora.

Atrévete a ler.