miércoles, 26 de junio de 2013

"AS ESTRELAS DO LIBRO" VAN DE CONTACONTOS

Para rematar este curso, amosamos imaxes da última actividade levada a cabo polo club. As estrelas do libro armáronse de inxenio e creatividade, e como non, de valor, e visitaron ós máis pequenos na Galiña Azul. A experiencia resultou tan positiva e satisfactoria, que contamos con repetir no vindeiro curso. Agardamos que todos vos, lectores e non lectores, pasedes un bo verán. Deica setembro!!

martes, 30 de abril de 2013

AVISO 
                DE ÚLTIMA HORA
       PARA PROFESORES, ALUMNOS E PERSOAL DO CENTRO:

 SEMPRE SOÑACHES CON FACER RIR? 
TES UN DON ESPECIAL PARA QUE OS DEMAIS SE ESPERRECHEN DE RISA?
 TES UN AS NA MANGA SEMPRE QUE A OCASIÓN O REQUIRE? 

 ¡ENTÓN ESTA É A TÚA! 

 SORPRÉNDENOS CUN INXENIOSO E DIVERTIDO MONÓLOGO, EN GALEGO, NO MES DAS LETRAS GALEGAS. 

 AÍNDA QUE A TEMÁTICA É LIBRE, UNHA SUXESTIÓN PODE SER CENTRAR A TEMÁTICA NA CREACIÓN LITERARIA OU NO USO DA LINGUA GALEGA.

lunes, 22 de abril de 2013

FEIRA DO LIBRO, 23 de abril

Invitamos a tódolos alumnos e profesores a participar na posta en marcha da feira do libro. Para iso basta con levar libros de calquera xénero, temática, lingua, etc. A cambio recibirase un vale que poderá ser canxeado por un libro de entre todos os que se consiga recaudar. Cantos máis libros leves, máis poderás elexir. O ano pasado tivo moi boa acollida gracias á colaboración de todos vós. Animádevos a "mercar" algún exemplar!

Este martes, na entrada do instituto... os libros contaranche ó oído contos, lendas, historias de medo ou de amor... e non te poderás resistir!

Non olvides participar coa túa aportación. Todos o agradeceremos.  

domingo, 21 de abril de 2013

El blog de Cyrano, Rosa Huertas

¿Sabes quién era Cyrano de Bergerac? Cyrano amaba a la bella Rosane, pero sabía que su amor era imposible; por eso le escribía cartas apasionadas que jamás se atrevía a enviarle.

Sofía también escribe a alguien imposible, aunque en realidad se sienta detrás de ella en clase.

EL BLOG DE CYRANO nos sumerge en la una historia de amor actual, donde los clásicos de la literatura tienen mucho que decir.