martes, 3 de mayo de 2016

J.D. Salinger reúne a profesores e alumnos nunha actividade que de seguro será exitosa!

Nicolás e Sara, dous alumnos de 4º ESO van participar nunha actividade de moderación no club. Consiste en que eles serán os que guíen a lectura e un grupo de profesores participarán a modo de alumnos. Por iso pedimos colaboración; aquel/a que estea interesado/a, deberá acudir á biblioteca este xoves 5 de maio na hora do recreo para a presentación da actividade.






lunes, 18 de abril de 2016

Proximamente... El rostro de la sombra


Tralo éxito de libros coma Dímelo con los ojos, Pasos de marionetas ou Los fantasmas del paraíso, os nosos lectores están ansiosos por ler El rostro de la sombra, lectura da que as estrelas máis veteranas xa teñen gozado en anos anteriores.

jueves, 14 de abril de 2016

Ímos de contacontos

O vindeiro 19 de abril o actor César Cambeiro visitaranos na biblioteca do IES de Cotobade para ofrecernos unha sesión de contacontos acerca do libro “Dragal. A Herdanza do dragón”.




A actividade está prevista para comezar ás 11.00 e terá unha duración de hora e media (ata as 12.35 aproximadamente).

Ledicia Costas...

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.
Os alumnos de 4º ESO, xunto co profesor de sociais, Carlos, están a gozar coa lectura desta novela.

O ilustrador Víctor Ribas, xunto con Ledicia costas.

7ª edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 - Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 - Premio Nacional de Literatura Infantil, 2015 - Lista de Honra do IBBY, 2016
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.
Os alumnos de 1º ESO están a ler esta obra. A próxima semana comezarán a falar dela, baixo a moderación de dúas estreliñas de 4º ESO (Alba Tajes e Nicolás). 

martes, 29 de marzo de 2016

A banda deseñada tamén atopa o seu oco no club...



 Álbum de banda deseñada arredor do feismo arquitectónico e do caos urbanístico en clave de humor.
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia encarga ao xenial Miguelanxo Prado un tebeo sobre as desfeitas urbanísticas no país para a súa difusión nos institutos. A mansión dos Pampín basease nas experiencias dun urbanita que no trance de sacarlle rendemento á vella casa da aldea entra en contacto con veciños ignorantes, constructores sen escrúpulos e alcaldes corruptos. A definición das personaxes é maxistral, incluído o que podería ser o aparellador municipal, que en dúas viñetas trata de poñer un pouco de sentidiño nesta orxía de avaricia. O que é unha mágoa é que non saia o arquitecto que firma os proxectos do constructor - haiche moito feísmo con firma -, ou xa postos, o propio Colexio de Arquitectos, que podería xustificar o que lle cobra ao cliente incluíndo no visado unha cláusula vinculante de idoneidade urbanística, confirmando que o proxecto cumpre a normativa vixente. 







Iñaki, o profesor de Matemáticas, decantouse por esta obra para acompañar ós alumnos de 2º e 3º ESO na lectura de banda deseñada.

Care Santos impacta con esta novela!

 Xenia lucha por sacar las mejores notas, impulsada por la ilusión de entrar en Medicina, pero últimamente su rendimiento está bajando. Y es que Xenia se ha enamorado, aunque no de un chico de su entorno, sino de un fantasma, de una voz surgida de Internet con la que comparte su pasión por la lectura. Como Xenia es decidida y su amor virtual se niega a una cita, se propone sorprenderlo, de modo que inicia sus averiguaciones con los pocos datos de que dispone.
Y todo resulta ser falso, una mentira, ni la foto ni el nombre son reales. ¿Quién es en realidad su alma gemela? Arrepentida por el abandono de sus estudios confiesa todo a sus padres, segura de haber sido víctima de algún desaprensivo. Pero pronto un paquete inesperado va a revelarle la identidad del muchacho con el que compartió sus más íntimas emociones. Proviene de la cárcel de menores y contiene la historia de un asesino.

En 3º ESO estamos a ler esta novela... ¿Como resultará de impactante esa mentira?