viernes, 16 de febrero de 2018

Visita de David Lozano ao IES de Cotobade

Xa temos data!
O próximo martes 6 de marzo recibiremos a visita de David Lozano Garbala, tan esperada pola comunidade lectora e « novos lectores » do IES de Cotobade. O escritor zaragozano conseguiu sobre todo coa súa novela « Valkiria. Game Over. » romper ese atomismo do club lector para chegar á adolecentes pouco aficionados á lectura. No noso Centro case poderíamos falar de « Valkiromanía » pois  a docena de exemplares que temos na biblioteca pasan de man en man a un ritmo trepidante.
A meirande parte deles, mercaron o seu propio exemplar na espera de poder ser asinado polo autor ese día.
Todos eles agardan con impaciencia a súa visita que estará chea de preguntas e intercambios de impresións e emocións.
Auguramos unha experiencia inesquecible para todos nós.

miércoles, 31 de enero de 2018

2018. Novas lecturas.

Comezamos o ano e este segundo trimestre coas lecturas das obras de David Lozano que recibiremos no mes de Febreiro á volta do Entroido.
Comezamos a preparación  do encontro cos tres grupos do Club de lectura repartindo as seguintes novelas:
Cielo rojo.
Donde surgen las sombras. 
Herejía.
Valkiria. Game Over.
Están recopilando información sobre o autor e preparando unha entrevista para o día do encontro. 

David Lozano Garbala (Zaragoza,1974), licenciado en Dereito, con estudos de Filoloxía hispánica e Máster en Comunicación pola Universidade Pública Miguel Hernández de Elxe, exerceu como avogado, e desde 1998 dedícase profesionalmente á escritura, o que compaxinou un tempo coa docencia no bacharelato do colexio Santa María do Pilar de Zaragoza. Participou como actor en diversas curtametraxes e colaborou coa cadea de televisión Zaragoza TV: durante dous anos dirixiu e presentou o programa Depredadores e despois fíxose cargo do divulgativo En poucas palabras. Tamén colabora como guionista para algunhas produtoras, con documentais, programas de TV, ou vídeos corporativos. Foi contratado polo produtor Andrés Vicente Gómez como guionista para a adaptación do viaxeiro, primeira parte da súa triloxía La puerta oscura. 
En 1998, publicou a súa primeira obra El último huésped e no 2001, La senda del ébano. En 2006 gañou o XXVIII Premio Gran Angular de literatura xuvenil, coa novela Donde surgen las sombras.  Entre 2008 e 2009 publicou a triloxía La Puerta Oscura (1: El Viajero; 2: El mal; 3: Réquiem). En 2011, Cielo Rojo, en 2012, el librojuego Escape del Titanic, en 2013, Herejía, en 2014, Hyde, en 2015, Safari en África, libroxogo e Hidra. No dúas novas novelas 2016, El ladrón de minutos e Valkiria. Game Over.
Constante, apaixonado, intenso e incansable.   Estes días recibiu o premio Edebé de Literatura Xuvenil pola súa novela Desconocidos.

Lo que ofrecen los libros no tiene precio. ¿Aspiráis a entender el mundo, a llegar lejos, a conoceros a vosotros mismos? La lectura es el camino. Nada sale más rentable que leer, créeme. Te hace mejor. Y vosotros -señaló el profesor Vidal- estáis a tiempo de descubrirlo. Aquí y ahora. La cuestión es si estáis dispuestos a apostar.    Profesor Vidal. HYDE.            

jueves, 21 de diciembre de 2017

Premiados Nadal 2017


No acto de clausura do Festival de Nadal do IES de Cotobade 2017, fíxose a entrega de premios do Club de lectura. 


Dos 31 participantes saíron premiados:

1ESO: Antón Barros

2ESO: Ángela Soto

3ESO: Rubén Santamarina

4ESO: Aratz Busto


Foron agasallados cunha selección de obras de David Lozano, autor que recibiremos con entusiasmo no Club o próximo mes de febreiro.

Os premiados destacaron ao longo do trimestre por un alto grao de compromiso, implicación e fidelidade tanto no Club como nas labores da Biblioteca.

Desde o Club de lectura queremos agradecer a asiduidade e interese do resto dos participantes.

Noraboa aos premiados e parabéns a todos os integrantes do Club. 


Vémonos á volta das vacacións!
Felices festas a todos! 

lunes, 20 de noviembre de 2017

Abrindo o Corazón de Xúpiter

Tras a lectura dos primeiros capítulos da obra de Ledicia Costas, ese "Corazón de Xúpiter" ábrese ás nosas Estrelas.
Cada luns, o alumnado de 3/4ESO intercambiará as súas impresións e reflexións sobre as diversas temáticas abordadas pola obra, nun ambiente distendido e didáctico propiciado por Carlos Morgade, profesor de historia e xeografía, amante da literatura e defensor da nosa cultura e lingua.

As redes sociais, as ciberrelacións, o descoñecido e descoñecemento, a soedade, o acoso, a aceptación das semellanzas e da singularidade. Esta obra aborda o microcosmos da adolescencia con prismas diferentes e diferenciados.
Na sesión de hoxe, un remuíño de ideas e impresións xurdiu nun ambiente afable e pedagóxico.
Nas vindeiras sesións, abordaranse diversas temáticas suscitando múltiples reflexións e debates na procura dunha educación en valores e calidade.
Para rematar a sesión de hoxe, Carlos nos fixo reflexionar sobre o sexismo "invisible" e polo tanto "aceptado e asumido" por "todos e todas" na cultura musical xuvenil actual. Letras, conceptos, imaxes e vocablos tan aceptados e xeneralizados que ás veces nin coas denuncias nin coas parodias sabemos descifrar.  
En suma, aínda nos queda moito por ler, aprender, descubrir e interpretar.
Agardamos con impaciencia os debates do próximo luns!
Grazas pola vosa implicación e participación! Noraboa!

martes, 31 de octubre de 2017

Celebración do Samain / Halloween na Biblioteca.


A Biblioteca do IES Cotobade ofrece e expón unha selección de obras para celebrar a festa do Samain en varias linguas. 

Aproveita a temática da celebración para ambientar a Biblioteca! 

Tanto a decoración como a exposición de obras manteranse ao longo da semana.

Mamasiña, que medo!

martes, 24 de octubre de 2017

Conmemoración do día da Biblioteca

Para celebrar o día da Biblioteca que mellor que darlles a palabra aos seus usuarios máis directos. 
Que pensan da Bilioteca?

Grabado nos recreos, o seguinte vídeo recolle as súas espontáneas valoracións.