O club de lectura "As estrelas do libro" créase no IES de Cotobade durante o curso 2008/9, coa intención de achegar os alumnos á lectura compartida, cunha finalidade lúdico-educativa. Imos xa polo décimo curso, inmersos no goce da lectura compartida. Cada ano hai caras novas, lectores novos ávidos por coñecer máis libros, máis historias, máis opinións sobre aspectos da vida, reflectidos en cada obra que lemos...
martes, 2 de abril de 2019
martes, 26 de marzo de 2019
Xa temos novas lecturas!
Recén chegadas, velaquí as novas lecturas para o noso Club!
Nadar o Morir de Arturo Padilla, Nadie nos oye de Nando López e El libro de los rostros, Ana Alonso.
Tamén chegaron algunhas das novidades esperadas este mes para a Biblioteca!
lunes, 25 de marzo de 2019
A nosa Biblioteca!
Que máis se pode pedir?
Hoxe a golpe de luns, aínda
que podería ser un día calquera na nosa Biblioteca!
Todo un orgullo para o noso Centro,
estudantes que acoden de forma voluntaria e fan da Biblioteca o lugar elixido
para pasar o recreo, é dicir o lugar onde deciden pasar o seu tempo libre e
momento de desconexión.
As
fotografías rompen os estereotipos, os "nenos" non só xogan ó fútbol!
Tamén len ou xogan ó xadrez.
Lugar para
xogar, ler, aprender e socializarse.
martes, 12 de marzo de 2019
Día da Muller. Libres e iguais.
Letras de cancións cubrindo paredes, mensaxes en defensa da igualdade nas escaleiras e chan ou unha exposición de
documentos das primeiras Sufraxistas británicas poden verse por todo o noso
Centro na campaña "Nin malas, nin vosas: Libres e Iguais" que
permanecerá ata o mes de maio.
A súa vez a Coordinación da Biblioteca ofreceu unha selección de obras
relacionadas coa igualdade de xénero e/ou ás nosas mulleres escritoras para
achegar ó noso alumnado a esas grandes mulleres que marcaron a historia
literaria ou ás contemporáneas que seguen eses mesmos pasos e que loitan por
chegar a ser historia.
A nosa Biblioteca en coordinación co departamento de francés e relixión
recolleu co alumnado de 2º e 4ºESO diferentes cancións nacionais e
internacionais con contidos machistas e outras con contidos contrarios en
resposta a esas mensaxes censurables, denigrantes e vulgares.
As letras tanto en positivo como en negativo están expostas no corredor
como campaña de concienciación e denuncia.
A exposición das primeiras Sufraxistas como iniciativa do departamento de
inglés, promovido por Victoria Carrera, xefa do departamento e coordinadora da
Biblioteca estará exposto ata final de curso no corredor da Biblioteca.
Nin malas, nin vosas senón libres e iguais!
Beatriz Pérez Espiña, profesora de debuxo e coordinadora de actividades e o
seu alumnado recobren o noso centro con mensaxes en galego, castelán, francés e
inglés en defensa da igualdade de xénero. Beatriz axudada polo seu alumnado reflectiu
no chan do noso centro mensaxes pintadas de concienciación na loita pola
igualdade. Tamén ideou crear un espazo "Libre de violencia de xénero"
onde se irán incorporando creación relacionadas coa igualdade ao longo do
curso, ano tras ano. A loita pola igualdade non se fai nun día e a
concienciación é permanente.
sábado, 26 de enero de 2019
domingo, 13 de enero de 2019
jueves, 20 de diciembre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








