viernes, 17 de marzo de 2023

A que andan as nosas estrelas máis novas?

 Mens sana in corpore sano

 

Parece que o alumnado de 1º non se cansou de correr en Etiopía co profe Manuel e decidiron ir ás olimpiadas a Grecia co profe Jose.

 

 

Mais, os de 2º están dándolle á cachola co profe Javier. Quen ía pensar que tirar unha canica causaría tales acontecementos? Poderá o protagonista calar o seu segredo?

 

 

Se che pica a curiosidade, anímate a formar parte das Estrelas do Libro!!!


viernes, 27 de enero de 2023

Maus, Mouse ou Mousse?

 Vai de ratos

 


 

As estrelas máis veteranas achéganse á Polonia dos campos de exterminio da man da profe Marta. 




 

martes, 17 de enero de 2023

In English

Pasando medo con Edgar Allan Poe

 

Quen dicho medo? Neste Club lemos na lingua de Shakespeare, na de Rosalía e na de Apollinaire se fai falla.

 

Graciñas, Thea, por aceptar acompañarnos nesta incursión polos relatos de terror en inglés, sen importar a pronunsiasión da aldea.

 





 

viernes, 2 de diciembre de 2022

 E agora que?

Atreverémonos a ler contos de terror en inglés coa nosa language assistant Thea? 

Mr Poe, alá imos!


Correremos con Genet en Etiopía?    

Alguén sabe que foi de Ponyboy? 

 

Para atopar respostas a estas e outras preguntas, pásate pola biblioteca. Ou, como diría o Xabarín: faite do clube, socio!

 

miércoles, 23 de noviembre de 2022

 Querido diario,

...E despois de un tempo razonable, algunhas das nosas estrelas máis veteranas deron por rematada a elaboración do diario do club, onde as estrelas irán comentando as súas impresións sobre os libros lidos, engadindo fotos, aportando debuxos...


Graciñas, Leti, Nerea T., Nora, Aitor e Breixo por estares sempre aí.

viernes, 28 de octubre de 2022

Rebeldes, rebeldes non son

 Rebeldes

Non é que o alumnado de 2º da ESO sexa rebelde, senón que están enganchadísimos ao éxito de Susan Hinton (en galego).


E despois do libro, a peli? Depende.😉

miércoles, 19 de octubre de 2022

 Devoradores 

As nosas estrelas máis veteranas non puideron coa intriga. 

Despois de atoparse coa Mentira inexorablemente botáronse á Verdade.  

Haberá que ir mercando exemplares de Medo? E de Ben?

Care Santos, fixéchela Boa!


ADVERTENCIA: O consumo de libros pode provocar adicción, causando o  abandono de Tik Tok, Instagram, Snapchat, e outras polo estilo.