lunes, 16 de diciembre de 2024

🎄📚 Este Nadal, que non che falte lectura! 🍫📖

 

O frío achégase, as mantas xa están preparadas… e os libros da biblioteca están desexando ir pasar as festas contigo! Este Nadal, no canto de abusar dos turróns, atrévete cun bo atracón de aventuras, risas, misterios ou amores imposibles (que tamén teñen moitas calorías emocionais).

Na biblioteca temos lecturas para todos os gustos: desde historias que te deixarán coa boca aberta ata novelas tan doces que case dan máis subidón có roscón. Así que xa sabes: antes de marchar de vacacións, pasa pola biblioteca e leva un menú literario ao teu gusto. Sen glute, sen lactosa, pero con moito sabor.

Boas lecturas e mellores festas! 🎅✨

 


 

viernes, 29 de noviembre de 2024

📢 Contos para escoitar: Celso Fernández Sanmartín no club de lectura 🎙️

 

O vindeiro 2 de decembro teremos o pracer de acoller unha actividade moi especial no noso club de lectura: unha sesión de narración oral a cargo de Celso Fernández Sanmartín, recoñecido contador de historias e mestre da palabra.

Será unha oportunidade para escoitar relatos que beben da tradición oral, da memoria e da vida cotiá, contados coa maxia e a emoción que Celso sabe poñer en cada palabra.

Agardámosvos para compartir xuntos este intre de escoita, emoción e imaxinación. Non faltedes! 📖✨

 


 

viernes, 25 de octubre de 2024

📚 Visita especial ao Club de Lectura: Karla Vasconcelos 🌍

Temos o pracer de anunciar que o próximo luns nos visitará Karla Vasconcelos, quen fora secretaria da gran escritora Nélida Piñón. Karla vén ao noso instituto para compartir unha charla co alumnado do club de lectura que o ano pasado participou na lectura continuada en portugués da obra A república dos sonhos, unha das máis emblemáticas de Piñón, autora de raíces cotobadesas e alma universal.

Será unha oportunidade única para afondar no universo literario de Nélida Piñón da man dunha persoa que a coñeceu de preto. 

Agardámosvos con ilusión! 🌟📖

 


 

miércoles, 18 de septiembre de 2024

Setembro, setembro


  • Se che gusta ler
  • Se che gusta falar de libros
  • Se che gusta coñecer xente
  • Se che gusta compartir

Este club é o que precisas.

Inscríbete!

 

 

 

 

miércoles, 8 de mayo de 2024

16 de 24

 Non está mal.

A máxima acertante da quiniela lectora foi LSF da clase de 4ºA, que identificou a un total de 16 adultos do noso centro.

E todos resultamos gañadores, pois descubrir que algúns profes tiñan pelo cando eran pequenos, ou que outros naceron sen barba, non ten prezo. Aprendemos que aproveitar as sandalias dos catro veráns anteriores é ter conciencia ecoloxista. E comprobamos que se pode levar un sombreiro con elegancia sen ter nacido en París.


A gañadora pode pasar pola secretaría a recoller o seu premio. 

Noraboa!!!

TEMOS CLUB DE MANGA

 Acaba de nacer o Club de Manga do IES de Cotobade.

Se che gusta o manga, pásate no recreo dos xoves polo segundo andar. Pregunta por Javier. A porta está aberta.

 


 


ANÍMATE!!!