miércoles, 25 de marzo de 2020

Desde Cotobade para o mundo




Sempre souben que a rapazada de Cotobade é de boa madeira. E non me sorprende velos nos xornais por cuestións de índole deportiva, especialmente, ou gañando algún certame literario de ámbito nacional. O que non agardaba era atopar entre a xente miúda destas terras a un inventor, deses que agora chaman "makers". 




Este presente que se nos impón coma unha labazada aguzan a creatividade, a xenerosidade..., e devolven a fe no ser humano.


Resultado de imagen de ramo flores silvestres imagenes
Noraboa, Fernando!

3 comentarios:

Carina Vales dijo...

Parabéns a Fernando e a súa familia. E moitísimas grazas a ti, Patricia, por estar pendentes de todos nós. Non deixes de escribir, nunca.

Patri dijo...

Graciñas, Carina; a ti, e a todas as estrelas que conforman este pequeno universo en expansión.
Vémonos axiña! Ata daquela, recibide unha aperta virtual.

Rosa dijo...

Non teño o pracer de coñecer a Fernando, pero noraboa! Iniciativas así son de agradecer.