Remata o curso e queremos deixar constancia do pracer que foi compartir lecturas, reflexións e moitas risas co grupo de manga e co grupo de literatura xuvenil.
Rematamos outro curso e, unha vez máis, sobrevivimos á intensa actividade lectora sen baixas (salvo algún marcapáxinas perdido en combate). Grazas por facer deste espazo un lugar de encontro, debate, risas e algunha que outra discusión acalorada sobre finais discutibles e personaxes insoportables.
Un aplauso con todo o noso cariño para os profes Lucía, Chila e Javier, que nos acompañaron nesta viaxe literaria con máis paciencia ca un bibliotecario en época de exames. Sen eles, esta experiencia sería como un libro sen final… ou peor, sen comezo.
E agora si, pechamos libro por este curso. Pero tranquilos, que volveremos. As sagas lectoras nunca morren.
Ata a próxima lectura! 📚✨
No hay comentarios:
Publicar un comentario