O club de lectura "As estrelas do libro" créase no IES de Cotobade durante o curso 2008/9, coa intención de achegar os alumnos á lectura compartida, cunha finalidade lúdico-educativa. Imos xa polo décimo curso, inmersos no goce da lectura compartida. Cada ano hai caras novas, lectores novos ávidos por coñecer máis libros, máis historias, máis opinións sobre aspectos da vida, reflectidos en cada obra que lemos...
lunes, 18 de enero de 2016
Proxecto Dragal
Este proxecto interdisciplinar ten como obxectivo poñer en valor a lingua e a cultura galega entre os adolescentes partindo dunha historia fantástica que escribe Elena Gallego Abad.
O alumnado formará parte da Fraternidade do Dragón, e vai introducirse nun xogo de rol que terá lugar no Pico Sacro, durante unha viaxe ó fogar do dragón. Con esta saída didáctica estimamos o importante que é ofrecerlle ó alumnado moverse nun contexto real, familiar e mítico.
miércoles, 13 de enero de 2016
Algúns alumnos de 2º e 3º ESO atrévense novamente coa temática amorosa... da man de Jordi Sierra i Fabra
A protagonista desta historia escoita como as portas do psiquiátrico se cerran tras ela. Sabe que aínda está na corda frouxa, e necesita tempo para asimilar o que pasou, o que a levou a esa situación da que está comezando a sobrevivir.
Óscar, Patricia, Aratz, Nuria, Nicoly e Jaiza, xunto coa profesora de castelán, Rosa, van gozar dunha fermosa historia de amor enmarcada polos sinsabores de tráxicos sucesos acontecidos ós dous protagonistas desta historia, Dora e Hilario.
The body in The Library by Agatha Christie
The body of a young woman is found in the library of
Colonel and Mrs Bantry. Mrs Bantry immediately calls
in her old friend, Miss Marple, to investigate the crime.
The body is identified as a dancer, Ruby Keene, who had
worked at a nearby hotel and was in no way connected to
the Bantrys. It is also discovered that the young lady had
attached herself to a rich old man and his family and that
he had been planning to adopt her and leave her money
in his will. Soon afterwards, the body of another young
woman is found in a burned-out car...
A profesora de inglés, Mª José, xunto cos alumnos e alumnas de 4º ESO, gozará coa intriga latente nas páxinas desta novela.
A profesora de inglés, Mª José, xunto cos alumnos e alumnas de 4º ESO, gozará coa intriga latente nas páxinas desta novela.
a voltas co inglés...
Tralo éxito do primeiro trimestre, no que o alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de fomentar a lectura na lingua francesa, nesta ocasión ditos alumnos inícianse na lectura e comentario dun libro en inglés.
A mysterious message propels a young man and his uncle on the adventure of a lifetime: to a prehistoric world below the earth where dinosaurs and other creatures roam. Verne's classic fantasy will enchant a new generation of readers.
A profesora de Inglés, Luisa, será quen de adentrarse cos alumnos e alumnas de 1º ESO, na lectura deste libro de aventuras.
A mysterious message propels a young man and his uncle on the adventure of a lifetime: to a prehistoric world below the earth where dinosaurs and other creatures roam. Verne's classic fantasy will enchant a new generation of readers.
A profesora de Inglés, Luisa, será quen de adentrarse cos alumnos e alumnas de 1º ESO, na lectura deste libro de aventuras.
Despois do Nadal, comezamos coas seguintes lecturas...
Dans le Pacifique, un yacht, le Sloughi, est en perdition. A bord, quinze enfants de huit à quatorze ans. Pas un adulte avec eux; le bateau a rompu mystérieusement ses amarres dans un port de la Nouvelle-Zélande alors que les enfants s'apprêtaient à entreprendre une croisière, et que tout l'équi page se trouvait à terre. La tempête précipite le Sloughi sur des écueils et les enfants, non sans peine, arrivent sur une île déserte. Les longues « vacances » commencent... Pour subsister, les enfants n'ont rien, que leur courage : ils chassent, pêchent, inventent des pièges, dressent des animaux, cultivent. A profesora de Ciencias, Eugenia, guiará a lectura deste libro cos alumnos e alumnas de 3º ESO, os cales terán a oportunidade de amosar as súas impresións facendo uso do bilingüismo en francés e galego.
sábado, 17 de octubre de 2015
Seguimos a voltas con Santiago Lopo. Desta vez, da man de "Peaxes"
Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso de mergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa. Os usuarios da autoestrada erixímonos en protagonistas dun relato áxil que acelera nas curvas perigosas. En Peaxes conflúen todas as Galicias existentes e as imaxinadas, demostrando que realidade e ficción comparten a miúdo o noso destino. Unha novela breve, coa que Santiago Lopo debuta no catálogo de Xerais, que fará gozar a lectores e lectoras.jueves, 8 de octubre de 2015
Santiago Lopo bríndanos a súa ficción...
Un profesor universitario recibe como agasallo un xogo de ordenador chamado Parallel City. Aos poucos, o xogo absórbeo e a súa vida cotiá comeza a padecer as consecuencias...
Queres saber que máis acontece?
Pois entón non dubides en facerte cun exemplar e navegar polas súas páxinas...
Quen é Santiago Lopo?
Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos en inglés para a televisión. Actualmente é profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Desde el 2000 colabora coa revista Unión Libre, onde publicou diversos artigos e traduccións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





