O club de lectura "As estrelas do libro" créase no IES de Cotobade durante o curso 2008/9, coa intención de achegar os alumnos á lectura compartida, cunha finalidade lúdico-educativa. Imos xa polo décimo curso, inmersos no goce da lectura compartida. Cada ano hai caras novas, lectores novos ávidos por coñecer máis libros, máis historias, máis opinións sobre aspectos da vida, reflectidos en cada obra que lemos...
jueves, 5 de octubre de 2017
Roma en Galego, si!!
Todos os xoves nos recreos, o grupo de 2ºESO, animados pola profesora Patricia, mergullarase ao longo deste mes nos
turbulentos e apaixonantes anos do Imperio Romano baixo o mandato do Emperador
Nerón.
Descubrirán e comentarán a historia de Marcia, relatados
no seus tres diarios. Os seus momentos de alegría, de inocencia pero tamén de
dor que xorden na súa vida e se confrontan.
Descubrirá a amizade, a xenerosidade, a forza da fe e por
fin, ó amor da súa vida. Tamén experimentará a traizón e o odio ata chegar ao
.....veremos!
Emocións e
sentimentos que perduran no tempo, ou non? Todos somos ou coñecemos a unha
Marcia porque nada é eterno, agás a palabra. Esa nos une e nos achega no tempo.
Sempre.
Os nosos pequerrechos por primeira vez no Club!
As nosas "Estrelas" máis pequerrechas únense por primeira vez ao noso
club, cunha lectura en inglés dun autor francófono, facendo honor á
interculturalidade.
Como se vén facendo dende anos atrás, irán lendo ao longo dos trimestes nas distinstas linguas impartidas no noso Centro para descubrir e achegarse ás distintas realidades e culturas.
No día de onte, animados pola súa profesora Luisa, de inglés, as nosas Estrelas baixaron ao centro do Terra para vivir unha nova aventura.
Parece que lles gusta!
Noraboa ás nosas "Estrelas de 1ºESO"! Por certo, prometedoras. Benvidas ao Club!
Journey to the Center of the Earth
(Título orixinal: Voyage au centre de la Terre, 1864) J.Verne
The
famous mineralogist, Professor Lidenbrock, finds a piece of parchment
in an old book. A message written in code describes a secret entrance to
another world. The Professor’s nephew, Axel, breaks the code and he and
his uncle set out on a journey that takes them back in time to the days
of the dinosaurs and pre-historic man. But how will they manage to get
back to the present safely?
miércoles, 4 de octubre de 2017
LEMOS EN GALEGO!
Se eres de 2º ESO e queres saber sobre os turbulentos e apaixoantes anos do Imperio Romano baixo o mandato do emperador Nerón, a profe Patricia espérate no recreo dos xoves, para coñecer a histoira de Marcia, que nos vai relatando nos seus tres diarios os momentos de alegría, inocencia e dor que se combinan na súa vida. Descobrirá a amizade, a xenerosidade, a forza da fe e, por fin, ó amor da súa vida. Tamén experimentará a traizón e o odio ata chegar ó asasinato. English adventure!
Comeza a aventura!
Da man da profe Luisa, os mércores os rapaces e rapazas de 1ºESO van compartir esta viaxe ó centro da terra, e porán todo o empeño en melloralo seu inglés!
The famous mineralogist, Professor Lidenbrock, finds a piece of parchment in an old book. A message written in code describes a secret entrance to another world. The Professor’s nephew, Axel, breaks the code and he and his uncle set out on a journey that takes them back in time to the days of the dinosaurs and pre-historic man. But how will they manage to get back to the present safely?domingo, 1 de octubre de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




