jueves, 21 de diciembre de 2017

Premiados Nadal 2017


No acto de clausura do Festival de Nadal do IES de Cotobade 2017, fíxose a entrega de premios do Club de lectura. 


Dos 31 participantes saíron premiados:

1ESO: Antón Barros

2ESO: Ángela Soto

3ESO: Rubén Santamarina

4ESO: Aratz Busto


Foron agasallados cunha selección de obras de David Lozano, autor que recibiremos con entusiasmo no Club o próximo mes de febreiro.

Os premiados destacaron ao longo do trimestre por un alto grao de compromiso, implicación e fidelidade tanto no Club como nas labores da Biblioteca.

Desde o Club de lectura queremos agradecer a asiduidade e interese do resto dos participantes.

Noraboa aos premiados e parabéns a todos os integrantes do Club. 


Vémonos á volta das vacacións!
Felices festas a todos! 

lunes, 20 de noviembre de 2017

Abrindo o Corazón de Xúpiter

Tras a lectura dos primeiros capítulos da obra de Ledicia Costas, ese "Corazón de Xúpiter" ábrese ás nosas Estrelas.
Cada luns, o alumnado de 3/4ESO intercambiará as súas impresións e reflexións sobre as diversas temáticas abordadas pola obra, nun ambiente distendido e didáctico propiciado por Carlos Morgade, profesor de historia e xeografía, amante da literatura e defensor da nosa cultura e lingua.

As redes sociais, as ciberrelacións, o descoñecido e descoñecemento, a soedade, o acoso, a aceptación das semellanzas e da singularidade. Esta obra aborda o microcosmos da adolescencia con prismas diferentes e diferenciados.
Na sesión de hoxe, un remuíño de ideas e impresións xurdiu nun ambiente afable e pedagóxico.
Nas vindeiras sesións, abordaranse diversas temáticas suscitando múltiples reflexións e debates na procura dunha educación en valores e calidade.
Para rematar a sesión de hoxe, Carlos nos fixo reflexionar sobre o sexismo "invisible" e polo tanto "aceptado e asumido" por "todos e todas" na cultura musical xuvenil actual. Letras, conceptos, imaxes e vocablos tan aceptados e xeneralizados que ás veces nin coas denuncias nin coas parodias sabemos descifrar.  
En suma, aínda nos queda moito por ler, aprender, descubrir e interpretar.
Agardamos con impaciencia os debates do próximo luns!
Grazas pola vosa implicación e participación! Noraboa!

martes, 31 de octubre de 2017

Celebración do Samain / Halloween na Biblioteca.


A Biblioteca do IES Cotobade ofrece e expón unha selección de obras para celebrar a festa do Samain en varias linguas. 

Aproveita a temática da celebración para ambientar a Biblioteca! 

Tanto a decoración como a exposición de obras manteranse ao longo da semana.

Mamasiña, que medo!

martes, 24 de octubre de 2017

Conmemoración do día da Biblioteca

Para celebrar o día da Biblioteca que mellor que darlles a palabra aos seus usuarios máis directos. 
Que pensan da Bilioteca?

Grabado nos recreos, o seguinte vídeo recolle as súas espontáneas valoracións. 

lunes, 23 de octubre de 2017

"A min o que máis me gustou do libro é María porque é igual que a mestra Lourdes. Vive na biblioteca porque senon os libros ao mellor vanse. Ou morren. E que é bibliotecaria. Ou sexa, coma Mary Poppins pero sen ás"

24 de Outubro. Día da Biblioteca. 
http://rbgalicia.xunta.gal/gl/actualidade/avisos/dia-da-biblioteca-2017 

Con esta inocencia describiu un neno ás bibliotecarias nun encontro co escritor Alejandro Palomas que recolle no pregón para o Día da Biblioteca 2017 as súas verbas.
Como cada ano desde 1997 a Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conmemoran o Día da Biblioteca en recordo á destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendidada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns.
Este ano os elixidos para a redacción do pregón e o deseño do cartel foron o escritor catalán Alejando Palomas (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil)  e o madrileño Manuel Marsol (Premio Internacional de Ilustración Feira de Boloña-Fundación SM).
O acto central de conmemoración terá lugar o próximo día 24 de outubro en Talavera de la Reina (Toledo). Ademais, na Rede de Bibliotecas de Galicia son moitas as actividades que se organizan para celebrar este día. Lembrade que podedes estar informados das diferentes actividades e actos consultando a Axenda Cultural de Galicia.
Feliz día da Bibioteca a todas e todos!



viernes, 6 de octubre de 2017

Os primeiros debates de Zapatos de Tacón de Lygia Bojunga.

No día de hoxe, xa tendo avanzado na lectura de Zapatos de tacón, o grupo de 3º e 4ºESO reflexiona e debate sobre a explotación sexual infantil, tema abordado xa nos primeiros capítulos da novela, entre outros moitos que xurdirán ao longo da mesma. 
Ler non só é entender o que pasou ou pasa, senón o que nos pasa ou non os pasa a nos mesmos. Esa introspección e valoración da súa contorna fan dos debates e reflexións suscitadas pola novela, unha aprendizaxe cargada de sentimentos e valores sociais. Algunhas intervencións destacaron pola carga de sentimentos e sensibilidade traslada.  Amosaron un alto grao de madurez, de implicación e espíritu crítico, sorprendente para a súa idade. 
Parabéns a todos eles, en especial á moderadora, Rosa, profesora de Lingua e Literatura castelá.
Esperemos que deixen algún comentario, neste blog, teñen moito que aportar.