lunes, 20 de abril de 2020

I Concurso de microrrelatos e poemas da corentena

O IES de Cotobade promove a creación do I Concurso de microrrelatos e poemas da corentena para celebrar o Día do Libro, o próximo 23 de abril, co lema principal “QUEDA NA CASA”.

Os textos publicaranse na páxina web do Centro e no blog do Club de Lectura “As Estrelas do Libro”.

Para participar no concurso, os interesados/as poden presentar os seus poemas ou microrrelatos ata o próximo 23 de abril, ás 14:00 horas.

O tema principal para o concurso de microrrelatos e poemas, será o período de corentena na casa: “a paciencia, a solidariedade, o tempo en familia, a responsabilidade, a Aula Virtual e o Gmail, o ocio sen gasto, a natureza ou o tempo para pensar”. 

Tributo universal para Cervantes y Shakespeare
Anímate e participa!

jueves, 2 de abril de 2020

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Tal día coma hoxe nacía en Dinamarca Hans Christian Andersen, por iso se escolleu esta data para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil. 

O escritor e o ilustrador seleccionados este ano 2020 para elaboraren o cartel foron Peter Svetina (que leva por título: "Fame de palabras") e  Damijan Stepančič.


Todos temos contos que alimentaron a nosa infancia e nos fixeron soñar outros mundos dos que sermos protagonistas.


Da escola lembro un título terrorífico: O castelo de Irás e non tornarás. Sempre fun moi medoñenta. Non me acordo do contido pero lembro que me facía tremer coma unha vara verde. Dábame case tanto pavor coma cando na casa me mandaban ir buscar patacas ao faiado. Que terán os faiados?


Sentín mágoa de Pinochio cun gorro de miolo de pan condenado a ser un burro eternamente por non querer ir á escola. Meu pobre! E aquel esquelete cun ollo de vidro? Que difícil facer cousas da vida cotiá en segundo que circunstancias!


Chorei infinitamente por aquel espantallo amigable que se despoxaba de si para alimentar a uns nenos pobres. Sigo chorando, agora de maior, polo curioso Principiño que só quería voltar onda a súa flor co año metido nunha caixa con buratos para respirar que lle pintou o aviador . E por Pachín o can de Balbino? Ríos de bágoas.


Pero a cousa que máis me abraiou aos seis anos foi a posibilidade de que os nenos puideran vir en latas de conservas coma os pexegos. Pasoulle á señora Bartolotti. Veulle un neno por correo postal. Konrad, acórdome ben. Era un neno perfecto. E ela, a señora Bartolotti, era moi diferente á miña nai. Por exemplo, comía na cama e sacudía as frangullas da roupa a saltos. Coido que me impactou máis esa posibilidade de que os nenos viñesen en latas de conserva que o feito de que existisen laranxas que falan e se ofenden ou que haxa galiñas azuis. Igual debería apuntar aquí, como cousa extraordinaria, que miña nai matou un rato pequeno cunha espiga sen mirar. Aforro os detalles deste feito insólito para outro día.


A min non me sorprendía nada que houbese unha galiña azul, que disque poñía ovos de cores, porque cando eu era pequena na feira en Noia vendían pitiños de cores. Non me credes? Pois, si. Ás miñas curmáns máis vellas compráronlles cadanseu; a min, non. Dá igual. O conto foi que choveu e os pitos desteñiron. Aí foi cando as novas xeracións da miña familia empezamos a comprender que a xente grande pensa que os rapaces pequenos son parvos. 


E nestes días que lle conto contos ao meu sobriño por videochamada síntome coma unha especie de Gianni Rodari do século XXI. Bueno, iso pensaba de min mesma ata que onte ás 13,13 horas tiven unha revelación. Foi por teléfono. A revelación, digo. O técnico que veu arreglarme a wifi reveloume que son a única veciña de todo o edificio que aínda non ten fibra. Entón, debo dicir con máis propiedade que son unha especie de Gianni Rodari de finais do século XX. 


E remato para hoxe, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, cunha frase de alguén que contribuíu  a amoblar a miña infancia: 


"A fantasía non é un lobo malo  ao que hai que ter medo, nin un delicto que haxa que vixiar constantemente, senón un mundo extraordinariamente rico e marxinado dunha maneira  estúpida" (Gianni Rodari)


miércoles, 1 de abril de 2020

Que non che falte de ler


Dezanove días sen saír e o mundo segue xirando igual, como se a cousa non fose con el.

Haberá que facer algo, ou que?
Burro Leyendo Un Libro Para Pintar Y Colorear | COLOREAR DIBUJOS ...
En pixama, chandal ou roupa de saír hai que mirar por vida. Para que non te aburras, a rede de bibliotecas públicas achégase a ti para que non che falte de ler:
                                                      
                                     Galicia le

Tal vez queiras facer unha viaxe polo tempo, a arte e a historia sen te mover do sofá (ou da cama). Aquí tés uns enlaces que te poden axudar:

                                                       Arquivos de Galicia e percorridos virtuais

                                                     Arquivo do Reino de Galicia

                                                       Visitar museos en 3D

Igual che apetece facer o Camiño de Santiago cando todo pase. As razóns poden ser varias, pero a preparación éche máis ou menos a mesma. Vai tomando nota do que che fai falla:
7 cosas indispensables para llevar en tu mochila de peregrino
         O Camiño de Santiago
                                   
         Máis sobre o Camiño



Ao mellor prefires ir a outro ritmo e con outro aspecto. Pasear pola Arxentina de Castelao é unha opción:

                                                      Castelao en Buenos Aires


Tal vez sexas máis de catedrais e mosteiros. Ai, ese exame de Historia que se che atasca... Bótalle un ollo:

  Visitas virtuais a catedrais e mosteiros

  Experiencias virtuais en 360º

Ou, se cadra, es máis de mirar. Que ben o pasaron os de  Tenorio metidos a directores de documentais de                etnografía.
Que papatorias despois de rodar!
                         
                                                    Algo de teatro
Pin en 1                                     
                                                    Cinema en curso

Sexas dos gustos que sexas: QUEDA NA CASA.





miércoles, 25 de marzo de 2020

Desde Cotobade para o mundo




Sempre souben que a rapazada de Cotobade é de boa madeira. E non me sorprende velos nos xornais por cuestións de índole deportiva, especialmente, ou gañando algún certame literario de ámbito nacional. O que non agardaba era atopar entre a xente miúda destas terras a un inventor, deses que agora chaman "makers". 




Este presente que se nos impón coma unha labazada aguzan a creatividade, a xenerosidade..., e devolven a fe no ser humano.


Resultado de imagen de ramo flores silvestres imagenes
Noraboa, Fernando!

martes, 24 de marzo de 2020

Undécimo día de confinamento da era Covid19


Resultado de imagen de imagenes oso en pijama


Lector, que poderías estar tirado á desidia na túa casa en bata e zapatillas, érguete! 



Botas en falta ler o catálogo de primavera-verán dalgún reputado centro comercial en horas baixas? Que máis che ten a ti que vas pasar as próximas semanas gastando os pixamas que tiñas no fondo do roupeiro? Esas prendas leais que non tiraches por preguiza! E agora contemplas con melancolía o solitario contedor do lixo desde a fiestra da túa casa. Materialízase, entón, na túa cabeza unha enigmática pregunta: acaso ningún poeta se acordou de compoñer unha oda a estes seres pestilentes e imprescindibles? Canta indiferenza! 

Arrebatadamente contemplas ese exército de osiños compracentes, preguiceiros gatos, descoloridos coches, estancadas naves espaciais que ao espazo máis lonxano que chegan é á lavadora...Todos eles,orfos de ti, antigos poboadores de raídos pixamas, volven ver a luz das bombillas despois de tanto silencio roto apenas pola inexorable couza...


Sería posible darlles un merecido adeus a todos eles, permitíndolles ser silenciosos testemuños de lecturas gratis online nesa paradóxica xenerosidade que hoxe envolve o mundo?

https://stories.audible.com/start-listen

sábado, 21 de marzo de 2020

21 de marzo, Día Mundial da Poesía


Pequeño testamento




Resultado de imagen de rio almofrei pontevedra

Os dejo el río Almofrey, dormido entre zarzas con mirlos,
las hayas de Zuriza, el azul guaraní de las orquídeas,
los rinocerontes, que son como carros de combate,
los flamencos como claves de sol de la corriente,
las avispas, esos tigres condensados,
las fresas vagabundas, los farallones de Maine, el Annapurna,
las cataratas del Niágara con su pose de rubia platino,
los edelweiss prohibidos de Ordesa, las hormigas minuciosas,
la Vía Láctea y los ruyseñores conplidos.
Os dejo las autopistas
que exhalan el verano en la hora despoblada de la siesta,
el Cántico espiritual, los goles de Pelé,
la catedral de Chartres y los trigos ojivales,
los aleluya de oro de los Uffizi,
el Taj Mahal temblando en un estanque,
los autobuses que se bambolean en Sao Paulo y en Mombasa
con racimos de negros y animales felices.
Todo para vosotros, hijos míos.
Suerte de haber tenido un padre rico.

Miguel d’Ors


De «Curso superior de ignorancia»


Pincha para procurar o poema que agarda por ti:

https://www.buscapoemas.net/



jueves, 19 de marzo de 2020

Quarentenam, corentena, cuarentena, quarantine, mise en quarantaine


Temos por diante un tempo co que moitos non saberán que facer. 




Resultado de imagen de imagenes relojes de colores


As Estrelas imos investir unha boa parte en ler aqueles libros que tiñamos aparcados nalgures.

Resultado de imagen de imagenes de montones de libros


Aquí vos deixamos algúns enlaces por se eses libros quedaron esquecidos na biblioteca.


Biblioteca Digital Hispánica

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Wikisource


Resultado de imagen de imagenes orbil
E, por suposto, o enlace ao Salón do Libro.
A cultura non para!
O Salón do Libro virtual


Moz@, e ti que vas ler?

Resultado de imagen de imagenes ligando en la biblioteca