lunes, 20 de abril de 2020

BASES DO I CONCURSO DE MICRORRELATOS E POEMAS DA CORENTENA

BASES DO CONCURSO:
a) O Club de Lectura fará varias propostas para a primeira frase que poderán ser continuadas polos participantes, ata un máximo de 50 palabras no caso dos poemas e 150 no caso dos relatos. O prazo de presentación remata o vindeiro xoves 23 ás 14:00 horas.  A tarde do xoves 23 os microrrelatos e poemas serán publicados no blog do Club de Lectura, cada un xunto ao pseudónimo utilizado polo seu autor, de xeito que se publicarán de forma anónima. O venres e o sábado o público poderá votar o relato que máis lle guste, escribindo nos comentarios desta publicación que fagamos no blog o pseudónimo do autor ao que queiran dar o seu voto. O microrrelato e o poema con máis votos serán os gañadores. Cada persoa só poderá votar unha vez a un so microrrelato e, outra vez, a un so poema.
b) As persoas participantes non poderán publicar os seus textos pola súa conta mentres dure o concurso. 
c) Os microrrelatos e poemas que se presenten deben ser orixinais e inéditos. 
d) Os textos deben presentarse en formado Word en letra Arial 11, espazado 1,5. O título non entra no reconto total de palabras. A lingua de redacción queda a elección dos participantes.
e) Pode participar todo o alumnado do IES de Cotobade. Para iso, deberán:
Enviar ao correo electrónico clubdelectura@iescotobade.org entre o luns 20 e o xoves 23 ás 14,00 horas, dous arquivos na mesma mensaxe:
1.- O primeiro arquivo conterá exclusivamente o microrrelato ou poema, co seu título e o pseudónimo que o autor/a utilizará.
2.- O segundo arquivo conterá o título, o mesmo pseudónimo utilizado e os datos persoais do autor/a: nome e apelidos, curso ao que pertence e correo electrónico.
f) Establécese como data final do concurso o día 26 de abril, podéndose ampliar a duración do mesmo.
g) O Club de Lectura publicará os textos para que o público poida votar ao que considere gañador.
h) O gañador recibirá unha camiseta que se entregará cando volvamos ao Centro.
i) Os microrrelatos e poemas, que serán publicados na páxina web do Centro e no blog do Club de Lectura, pasarán a formar parte do patrimonio do IES de Cotobade, reservándose este o dereito á súa publicación e/ou exposición, sempre citando as referencias do autor. Os concursantes responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación polo dereitos de imaxe que puideran ocasionarse.
j) A participación nesta convocatoria implica a aceptación por completo das súas bases. O IES de Cotobade resérvase o dereito de dar por terminado este concurso en calquera momento, de producírense feitos ou circunstancias alleas a el, que así o esixan.

No hay comentarios: